Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 11 de decembro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico ‘Conto de Nadal’ coa Banda Municipal de Música, dirixida por Juan Miguel Romero LLopis, e Paula Carballeira de narradora.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

13.00 h
Na Alameda, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á posta en funcionamento da Pista de Xeo.

14.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os rexedores de Granollers, Josep Mayoral, e de Rivas Vaciamadrid, Pedro del Cura, vicepresidente e coordinador da Rede de Alcaldes pola Paz, respectivamente, que están en Santiago para participar nas xornadas Cultura de Paz, seguridade e desarmamento.

17.30 h
No Auditorio Abanca (Preguntoiro), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa nas xornadas sobre Cultura de paz, seguridade e desarmamento, organizadas polo Seminario Galego de Educación para a Paz con motivo do seu 30 aniversario coa colaboración do Concello de Santiago.

18.00 h
Na Cidade da Cultura, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asiste á entrega de premios da primeira edición de Compostela Startup Clinic.

21.00 h
No Centro Empresarial do Tambre, vía Edison, 1, a concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, asiste ao acto de homenaxe ao asociado, organizado pola Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dentro do Programa Descubre unha orquestra para ti, a túa!. Dirixidos por Paul Daniel interpretan obras de E. Elgar, R. Strauss, R. Vaughan Williams, F. Ibáñez Iribarria e P.I. Chaikovski.

NADAL 2015

Nave 5 do Mercado de Abastos. Mercado de Nadal, Nadal nos mercados. Todos os públicos. "Aberto ata o 5 de xaneiro. De luns a venres: 11 a 15h e 17 a 21h e sábados e domingos: 11 a 21h. DÍAS ESPECIAIS: 24 DEC: 11a 19 h; 25 DEC: 18 a 21 h; 31 DEC: 11 a 19 h; 1 XAN: 18 a 21 h; 5 XAN: 11 a 21 h.
18 h CSC de Conxo, Agasallo viaxeiro. Nadal nos centros socioculturais, infantil Con inscrición, de balde
18 h LSC da Pontepedriña , Agasallo viaxeiro. Nadal nos centros socioculturais, Infantil. Con inscrición, de balde.
18h CSC das Fontiñas, obradoiro de pintura Karibú, campaña de promoción da interculturalidade nos barrios. Nadal solidario,Infantil 6 a 12anos. Ata completar a capacidade da sala, de balde.
18 h LSC de Busto, Agasallo viaxeiro. Nadal nos centros socioculturais, Infantil Con inscrición, de balde.

Compartir: