Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 10 de decembro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico ‘Conto de Nadal’ coa Banda Municipal de Música, dirixida por Juan Miguel Romero LLopis, e Paula Carballeira de narradora.

11.30 h
No Auditorio Abanca (rúa do Preguntoiro), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa na lectura da Declaración Universal dos Dereitos Humanos xunto cos nenos de 5º e 6º de educación primaria de centros de ensino de Compostela con motivo da celebración do Día Universal dos Dereitos Humanos.
12.00 h
Na praza do Obradoiro gardarase un minuto de silencio polas dúas mulleres asesinadas en Lebrija (Sevilla) e Fuerteventura.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

14.15 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co secretario xeral e voceiro de Autónomos de Galicia AUGA, Lisardo Domínguez.

20.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, fai entrega do XXI Premio de Investigación Antón Fraguas sobre o Traxe Galego.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, conversando con… Paul Daniel, Beatriz López e Manuel Veiga, previo ao concerto das 21.00 h.

20.30 h
No Teatro Principal, Abrapalabra Creacións Escénicas presenta ‘As do peixe’ de Cándido Pazó dentro da programación de Teatro. Con Susana Dans, Mónica Caamaño, Casilda Alfaro e Rocío González.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dentro do Programa de Abono. Dirixidos por Paul Daniel; con Beatriz Lçopez, clarinete, e Manuel Veiga, fagot, como solistas; e acompañados polo coro da Escolanía da Catedral de Santiago que dirixe José Luis Vázquez. Interpretan obras de E. Elgar, R. Strauss, R. Vaughan Williams, F. Ibáñez Iribarria e P.I. Chaikovski.

Nadal 2015
18.30 h, CSC de Vite, Lisístrata "Un Nadal cheo de contos", Nadal nos centros socioculturais. Todos os públicos. Ata completar a capacidade da sala, de balde
19.00 h LSC de Amio, Agasallo viaxeiro, Nadal nos centros socioculturais. Infantil. Con inscrición, de balde.
20.00 h CSC de Sta Marta, Falamos? Contar historias a través do traballo no teatro de monicreques, coa participación de Os Monicreques de Kukas, Títereficciós, Títeres Cascanueces. Nadal nos centros socioculturais.Todos os públicos. Ata completar a capacidade da sala, de balde.
18.00 h CSC de Conxo, Agasallo viaxeiro. Nadal nos centros socioculturais. Infantil. Con inscrición, de balde.

Compartir: