Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 1 de decembro

9.45 e 11.30 h
No Teatro Principal, Recursos Educativos presentan ’20.000 leguas de viaje submarino’ dentro do Programa Didáctico de Teatro.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación, Manuel Dios, da presidenta do Seminario Galego de Educación para a Paz, Inmaculada Rúa, e do decano do Colexio de Avogados, Evaristo Nogueira, para presentar a Xornada con motivo do Día Universal dos Dereitos Humanos.

Día Mundial da Sida
11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, con motivo do Día Mundial contra a Sida, acompañada por representantes de varios colectivos.
12.15 h
Na praza do Obradoiro, acto simbólico no que se despregará un lazo de 2x10 metros. Asiste o alcalde de Santiago, Martiño Noriega.
18.00 h
• Mesa redonda /COLOQUIO a cargo do sexólogo MIKEL RESA no CSC do Ensanche
• Na entrada do CSC Ensanche, mesa informativa sobre o VIH e a realización da proba rápida de detección en saliva nos centros Quérote+"
19.00 h charla na Biblioteca ÁNXEL CASAL a cargo do colectivo MEIGA
21.00 h As Torres Hedjuk da Cidade da Cultura iluminaranse de cor vermella do 1 ao 8 de decembro.
21.00 h Iluminación do Concello de Santiago de cor vermella.
22.00h Reparto de preservativos e lazos en zonas de ocio da xuventude por voluntariado. 1000 preservativos e 200 packs.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Cidade da Cultura, (Edificio CINC, Salón de Convencións), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o acto de entrega da IX edición Premios Vodafone á Innovación en Telecomunicacións.

19.00 h
No local social das Cancelas (Calzada das Cancelas, 19), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños das Cancelas.

19.00 h
Na Facultade de Historia, charla sobre a "Situación actual do dereito de asilo e refuxio: resposta social e política á crise", cunha profesora de Dereito Internacional da USC, a ONG experta en refuxio "Ecos do Sur" e un cidadán sirio que reside en Galicia e que contará a súa experiencia persoal e a da súa familia, que está intentado fuxir de Siria. Dentro do programa Xuntos facemos Compostela, organizado polo Concello de Santiago e a ONG Asemblea de Cooperación pola Paz.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á gala de entrega dos Premios SERenidade.

Compartir: