Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 27 de outubro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Acábate la sopa!', dentro do Programa Didáctico e en colaboración coa Fundación La Caixa.

10.00 h
No Reitorado, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á xunta xeral dos Cursos Internacionais.

11.15 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, reúnese coa xefa provincial da DXT, Victoria Gómez Dobarro.

11.20 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do deputado provincial de Compostela Aberta, Manuel Dios, sobre asuntos de carácter local e provincial.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar o Plan de Emprego que se elaborará dentro do Foro Colaborativo para o Emprego.

12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co cónsul de Honduras, Marcos Criado. Declaracións ao remate (12.30 h, aprox.)

14.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese con Senén Barro, presidente de RedEmprendia, e coa xerente da Cidade da Cultura, Beatriz González Loroño, para falar sobre SPIN 2016.

17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co delegado do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia, Fernando Blanco Silva.

18.00 h
No Local Social de Laraño, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños de Laraño.

20.30 h
No Salón Teatro, concerto da Camerata OSG, dirixida por Wladimir Rosinskij, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Semana de Cine Euroárabe AMAL
Teatro Principal
Consultar programación en www.amalfestival.com

Compartir: