Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 22 de outubro

9.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a xefa provincial da DXT, María Victoria Gómez Dobarro.

11.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita a empresa Castrosúa, xunto coa concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois. (Estrada da Coruña). Declaracións ás 12.00 h.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro Rafael Peña para presentar o programa "12 doces de outono".

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

17.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co responsable de Alvarellos Editora, Henrique Alvarellos.

20.00 h
No Hotel Araguaney, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa I Foro ReVBela Nova Política.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Amigos ata a morte’ de Javier Veiga, dentro do ciclo Teatro 2015. Con David Amor, Ledicia Sola e Xosé A. Touriñán.

Compartir: