Previsións informativas para o luns 6 de abril
10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente da asociación Sarela de Dano Cerebral, José Balboa.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Cecilia Sierra, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na Coruña (avenida Alfonso Molina, s/n), o alcalde compostelán e presidente da Fundación Compostela Deporte, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a sede de Begano acompañado polo alcalde da Coruña, Javier Losada, con motivo da celebración do 50 aniversario da firma concesionaria de Coca-Cola. Así mesmo, renovarase o convenio de colaboración destinado a apoiar o deporte base de Santiago e que vincula a ambas entidades desde 2005.
18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente da comunidade de veciños Rosalía de Castro-Feáns, José Antonio López.