Previsións informativas para o martes 13 de marzo
11.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao director do Aeroporto de Lavacolla, Juan José Maceira, e ao director da Zona Aeroportuaria Norte, Jesús Villarroel.
12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a unha delegación de arquitectos, enxeñeiros e historiadores da cidade chinesa de Qu Fu.
12.00 h.
Na Praza Roxa, os concelleiros de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, e de Cultura, Néstor Rego, inauguran a exposición "De compras por Compostela".
12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Política Lingüística, Manuel Portas, para presentar a convocatoria de axudas de normalización lingüística para entidades sen ánimo de lucro.
13.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente de Blu:sens, José Ramón García.
17.00 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da exposición "O debuxo por diante".