Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 18 de agosto

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Antón sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a xerente do Consorcio, Belén Hernández, asinan o convenio para a restauración e mellora do itinerario fluvial De ponte a ponte polo río Sarela.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

FEITO A MAN
13.30 h Na rúa das Orfas, concerto de The Neighbour (latin-soul). De balde.
20.00 h Na praza de Abastos, concerto de Haema (jazz, electrónica). De balde.
20.00 h Na rúa de Virxe da Cerca, concerto de Néboa (pop, trip-hop, jazz). De balde.
22.00 h Na rúa de Tras Salomé, concerto do grupo pop Oh Ayatollah. De balde.

MÚSICA EN COMPOSTELA
20.00 h No mosteiro de San Paio de Altealtares, II Concerto de Alumnos Bolseiros. De balde.

Compartir: