Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 20 de xuño

10.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o novo xerente do Auditorio de Galicia, Xaquín López, manterán un almorzo informativo cos medios de comunicación. (NOTA: non haberá toma de son, polo que é preciso traer micro).

10.30 h
Na praza Roxa, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á presentación da campaña "Oír ben séntache ben".

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o II Memorial Antonio Bermúdez. Na rolda tamén estará o xornalista Toño Bermúdez e Santiago Araújo, presidente da Escola Deportiva Santiago.

12.00 h
Na Alameda, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, asiste á inauguración da casa intelixente, accesible e sostible da Fundación ONCE.

13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción á Peña Ciclista Amigos de Santiago de Ávila.

17.00 h
No salón de usos múltiples da UMAD, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, preside o Consello municipal da Saúde.

20.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, a concelleira de Facenda, María Rozas, asiste á asemblea para presentar propostas no eido municipal, dentro dos Orzamentos Participativos.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de apertura de Conecta Fiction coa Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Geoffrey Styles. Entrada gratuíta previa retirada de invitación.

ATA DOMINGO 25 DE XUÑO
- No Auditorio de Galicia, MiiC (Mostra Internacional de Ilustración Contemporánea). Horario de exposición: Todos os días de 10.00 a 14.00 h e de 16.00 a 19.00 h.
- Na Zona "C", ‘Os mundos de Carlos Casares’, unha visión do escritor e dos seus lugares. Entrada libre de martes a sábado de 16.00 a 20.00 h, domingos de 14.00 a 19.00 h.

Compartir: