Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 6 de xullo

10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o presidente da Federación Galega de Fútbol, Rafael Louzán, asinan un convenio de colaboración para mellorar a presenza da FGF na cidade.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar o Congreso Internacional "1936, un novo relato? 80 anos entre historia e memoria" e a exposición "80 anos. Santiago 1936". Na rolda tamén estará Lourenzo Fernández Prieto, coordinador de Histagra e membro do comité organizador.

12.00 h
En Vista Alegre (Punto de encontro: sede da asociación de veciños, rúa Bispo Diego Peláez,7), o voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, mantén un encontro cos medios.

17.00 h
Na Zona "C", obradoiro ‘Filosofar e debuxar para meniños (e non tanto)’ dentro da mostra ‘As rúas contan que’. Necesaria inscrición.

19.30 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da exposición "Saúde e Terra, irmá(n)s!", que conmemora o centenario da fundación das Irmandades da Fala.

VERÁN EN VERDE

VER
19.00 h No Parque de Belvís, a compañía Mundo Mandarina presenta ‘O meu avó é mago’, dentro do ciclo ‘Cultura no Camiño’, da AGADIC.

PERCORRER
De 10.00 a 13.00h Saída dende CSC Santa Marta, Parque Eugenio Granell, Colexiata de Sar, Movemento e saúde, circuitos saudables. Necesaría inscrición.
De 17.00 a 18.30h Saída dende o CIAC-Sar para facer unha ruta polas Brañas do Sar, coa auga como temática central. Necesaría inscrición.

Compartir: