Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 5 de xullo

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia, Francisco González Sarria. (SÓ GRÁFICOS).

12.00 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición "Camilo Otero. Raíces de Compostela". Tamén estarán: David Ferreras, comisario da mostra; José Carlos Quintana, co-comisario; Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; e Juan Conde, responsable de exposicións e publicacións do Consorcio de Santiago.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Fonseca, a concelleira de Turismo, Marta Lois, asiste á inauguración dos Cursos de Verán da USC.

20.00 h
No Auditorio de Galicia (Salón Mozart), proxección da ópera ‘O Reiseñor’ de Igor Stravinski gravada no Festival Aix-en-Provence. Coa colaboración de Arte, Fondation Orange e Institut Françáis.

VERÁN EN VERDE

VER
19.00 h. No Parque de san Roque, a compañía Ghazafellos presenta ‘Iriña Bailarina’, enmarcado no programa ‘Cultura no Camiño’ de AGADIC.

FACER
12.30 h. En Bonaval (Cemiterio), obradoiro de danza creativa. Accións corporais básicas.

PERCORRER
11.00 h. No Museo do Pobo Galego, saída da visita ao parque de Bonaval (Prazas limitadas, necesaria inscrición)

Compartir: