Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 11 de xullo

10.00 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, saúda os membros do xurado do Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial en Galego,

11.00 h
En Arteixo, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asina o convenio de colaboración entre a Fundación Amancio Ortega, o Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar e o Concello de Santiago de Compostela para a construción dunha escola infantil 0-3 no Concello de Santiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deporte, Rafael Peña, para presentar o circuíto de carreiras saudables CorreSan. Tamén estará na rolda o delegado da Federación Galega de Atletismo en Santiago, Iván Sanmartín.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

19.00 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de inauguración da exposición central do 25 Aniversario do Sergas.

VERÁN EN VERDE

VER
19.00 h No parque de Bonaval a compañía Duelirim presenta ‘Entremans’, dentro do programa Cultura no Camiño da AGADIC.

Compartir: