Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 28 de decembro

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Proposta da Alcaldía á Xunta de Goberno Local sobre reparto individualizado de complemento de produtividade.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar o plan de obras en instalacións deportivas.

12.30 h
Na praza Roxa, a concelleira de Deporte, Noa Morales, participa nos "Xogos tradicionais" organizados dentro da Programación de Nadal 2016.

17.00 h
Na Alameda, visita polo Santiago de Valle-Inclán, guiada polo director do museo Valle-Inclán, Antonio González Millán, e o neto e biógrafo do escritor, Xaquín del Valle-Inclán. Para 25 pax por orde de chegada. Punto de encontro: estatua sedente do escritor no Paseo dos Leóns. De balde.

18.00 h
No Teatro Principal, concerto de Pablo Díaz e a banda Tic Tac Toc.

19.00 h
No Casino, lectura comentada de textos de Valle-Inclán, novamente a cargo de González Millán e Valle-Inclán. Para 25 pax por orde de chegada. De balde.

Compartir: