Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 20 de decembro

9.45 h
En El Romero (rúa Galeras, 22), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e concelleiros do grupo municipal de Compostela Aberta manterán un almorzo informativo cos medios de comunicación.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular, María Antón, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No Salón de Plenos, a concelleira de Economía e Facenda, María Rozas, mantén un encontro co alumnado do instituto Xelmírez I para explicarlles o proceso de elaboración dos orzamentos municipais.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o presidente de Fademga, Eladio Fernández.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar a xornada Efecto Proximidade, que se celebrará o xoves no Mercado de Salgueiriños, dentro da programación de Nadal 2016. Estará acompañada do guitarrista flamenco Cuchús Pimentel.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a San Silvestre 2016. Na rolda tamén estará o delegado da Federación de Atletismo en Santiago, Iván Sanmartín.

12.30 h
No Edificio CINC, a concelleira de Desenvolvemento Económico e Comercio, Marta Lois, asiste á entrega de premios Artesanía de Galicia 2016.

17.30 h
Na Cidade da Cultura (Sala Einsenman), a concelleira de Turismo, Marta Lois, asiste á entrega dos premios Camiño de Santiago.

19.30 h
Na Salón de actos da Facultade de Filosfía - Praza de Mazarelos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de presentación do monográfico sobre a Lingua na Educación Infantil da Revista Galega de Educación.

20.00 h
Na praza 8 de marzo (rúa de San Pedro), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á concentración contra a violencia machista convocada pola Marcha Mundial das Mulleres.

Compartir: