Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 17 de decembro

10.30 h
No Colexio La Salle, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á Gala e ao acto de entrega de premios da liga de fútbol sala e baloncesto do Club Fademga Special Olympics.

11.00 h a 1.00 h
Celebración do Mercado da Estrela en varios espazos da cidade: Museo do Pobo Galego, a praza 8 de Marzo, o Matadoiro Compostela e a Cantina Gourmet no corredor de Bonaval.

12.00 h
En San Caetano, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración dun monolito por parte de Acerga.

12.00 h
No CIAC, obradoiro de xoguetes con refugallo. Os/as participantes aprenderán a facer xoguetes caseiros. A actividade é de balde e os nenos e nenas deberán estar acompañados dunha persoa adulta.

12.00 h
No Pavillón de Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á exhibición que fará o Club de Ximnasia Rítmica Viravolta

14.15 h
Na Facultade de Psicoloxía, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, clausura as Xornadas "Saúde e Discapacidade Intelectual. Inclusión somos todos".

16.00 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o Motoclub Compostela na I Papanoelada moteira solidaria.

17.00 h
No Pavillón de Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á exhibición do club Ximnasia Rítmica Compostela

20.00 h
No Teatro Principal, ‘Brundibár’, ópera en dous actos coa Escolanía da Catedral e a Orquestra Praeladium. Con dirección de escena e monólogo de Cándido Pazó. Organizada polas asociacións de amigos da ópera de Santiago de Compostela e Vigo.

20.30 h
No restaurante Barrigola, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e a concelleira de Deportes, Noa Morales, asisten ao acto de entrega de premios do VI Circuíto XR de Squash Borja Golán.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto do Harlem Gospel Choir, homenaxe á cantante inglesa Adele.

Compartir: