Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 3 de novembro

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico de ‘Pitusa Semifusa’, personaxe creada por Olga Brañas e a Editorial Galaxia. Con Marta Bravo, Sérgio Tannus e Olga Brañas.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Martiño Noriega; a concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra; o director de AGADIC, Jacobo Sutil; e o director de Cineuropa, José Luis Losa; para presentar a 30ª edición de Cineuropa que se celebra do 8 ao 27 de novembro en Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

17.30 h
Na Facultade de Medicina, o concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, asiste á inauguración da XVII Reunión da Sociedade Española de Nutrición e do XXII Congreso da Sociedade de Nutrición e Dietética de Galicia, que este ano se celebran conxuntamente.

Compartir: