Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 26 de novembro

9.00 h
En Cáceres, a tenente de alcalde María Rozas, participa na Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

11.00 a 13.30 h
Obradoiros infantís no Centro de Parques e Xardíns (CIPX) de Belvís, para nenos e nenas entre os 11 e os 14 anos.

12.00 h
Dentro das actividades do CIAC, roteiro de biodiversidade na cidade. Teléfono 981543145 ou ciac@santiagodecompostela.org

20.15 h
No Teatro Principal, o alcalde da cidade, Martiño Noriega, entrega o Premio Especial Cineuropa a Carlos Saura. No acto participa tamén o director do festival, José Luis Losa. A continuación proxectarase o filme ‘Zonda: folclore argentino’, dirixido polo propio Saura.

20.30 h
No CGAC, Zoar presenta ‘C3RV4NT3S’, dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Ao inicio do concerto, charla con Santiago Fernández Mosquera, Catedrático de Literatura Española da USC.

CINEUROPA
Toda a programación en www.cineuropa.gal

Compartir: