Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 25 de novembro

10.00 h
Na Facultade de Psicoloxía, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, inaugura o X Seminario de Saúde Mental e Discapacidade Intelectual.

11.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Imos ao cine coa BMSC’, concerto didáctico da Banda Municipal de Música.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.45 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, dará lectura ao manifesto con motivo Día Internacional para a Eliminación da Violencia contra a Muller. Ao remate, realizarase unha PERFORMANCE na propia praza.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

13.00 h
No Reitorado, a concelleira Marta Lois, asiste á entrega do premio de fotografía Ruth Mathilda Anderson.

17.00 h
No CIAC de Belvís, Xornada sobre Cambio Climático en Galicia, con Xosé Veiras e Pablo Meira.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, ‘Descubre unha orquestra para ti, a túa!’ coa Real Filharmonía de Galicia dirixida por Jonathan Webb.

19.30 h
No Museo do Pobo Galego, o concelleiro Jorge Duarte asiste á inauguración da exposición 'Míticos no leito. Pinturas de J. Méndez'.

19.45 h
No Teatro Principal, o alcalde da cidade, Martiño Noriega, entrega o Premio Cineuropa a José María "Chema" Prado, ex-director da Filmoteca Nacional. No acto participa tamén o director do festival, José Luis Losa. A continuación proxectarase o filme ‘Sangue del mio sangue’ de Marco Bellocchio.

20.00 h
En Cáceres, a tenente de alcalde, María Rozas, asiste ao acto de entrega do Premio Patrimonio á Real Fundación de Toledo, organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

20.30 h
No CGAC, Zoar presenta ‘SH4K3SP34R3’, dentro das Xornadas de Música Contemporánea. Ao inicio do concerto, charla con Jorge Sacido Romero, profesor de Literatura Inglesa da USC.

CINEUROPA
Toda a programación en www.cineuropa.gal

Compartir: