Previsións informativas para o mércores 2 de novembro
10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico de Pitusa Semifusa, personaxe creada por Olga Brañas e a Editorial Galaxia. Con Marta Bravo, Sérgio Tannus e Olga Brañas.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, para presentar unha nova edición do programa Aula de Patrimonio.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar a dimensión compostelá da campaña "En negro contra a violencia".
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para presentar a XVII edición do Premio Manuel Beiras. Participa tamén o presidente da Cámara de Comercio de Santiago, Jesús Asorey.
13.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Mesa de diálogo co sector da hostalería nocturna. Declaracións ao remate.