Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 18 de novembro

11.00 h
No Hotel Moure (Rúa Loureiros, 6), almorzo informativo da concelleira de Igualdade, Marta Lois, con motivo do inicio da campaña Compostela en Negro.

11.30 h
No Salón Teatro (na biblioteca, segundo andar), a concelleira de Mocidade, Deporte e Benestar Animal, Noa Morales, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación do X Certame Galego de Bandas de Música. Na rolda participan tamén o director xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; o director de Agadic, Jacobo Sutil; e o presidente da Federación Galega de Bandas de Música Populares, Armando Morales.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa activista mauritana Aminetou Mint El Moctar.

13.45 h
No Café de Altamira (rúa das Ameas), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado por membros da corporación, participa no programa Santiago(é)tapas.

14.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a concelleira de Festas de Cádiz, María Romay, e o director de cine Manuel Iborra, con motivo da presentación en Cineuropa do documental "La Fiesta de los locos", sobre o entroido de Cádiz.

16.00 h a 17.30 h
Visita micolóxica aos parques na procura de cogomelos, e de 18.00 a 19.30 h, charla sobre introdución á micoloxía impartida por Julián Alonso Díaz, presidente da asociación Micolucus. Dentro das actividades programadas polo Centro de Interpretación de Parques e Xardíns de Belvís.

20.30 h
Na Sala Agustín Magán, concerto da Orquestra Universitaria do Espazo de Cámara da USC dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto ‘Tres estampas galegas’, con texto de Leandro Carré e música de Mauricio Farto, ao abeiro do simposio ‘Repensando Galiza: as irmandades da fala’.

CINEUROPA
Toda a programación en www.cineuropa.gal

Compartir: