Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 17 de novembro

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para presentar outra das actividades con motivo da Semana Europea da Prevención de Residuos. Na rolda tamén estará Benito Blanco, xerente de Proxectos e Residuos de Novotec.

11.30 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Igualdade, Marta Lois, preside o acto de sinatura do protocolo de colaboración para a organización da campaña do 25 de novembro, día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres "En negro contra a violencia". Asisten:
• Lara Méndez López, alcaldesa de Lugo
• Jorge Suárez Fernández, alcalde de Ferrol
• José Manuel Miñones Conde, alcalde de Ames
• Pilar López Yañez, alcaldesa de Sarria
• Agustín Baamonde Díaz, alcalde de Vilalba
• Manuel Muíño Espasandín, alcalde de Zas
• Fernando Suárez Barcia, alcalde de Ribadeo
• Tomás Hermelo Álvarez, concelleiro de Servizos Sociais, Igualdade e Sanidade de Cangas
• María del Carmen Ures García, concelleira de Igualdade e Benestar de Carballo
• Rocío Fraga Sáenz, concelleira de Igualdade e Diversidade da Coruña
• Rosa Fernández González, concelleira de Benestar Social, Igualdade e Mocidade e Poio
• Isabel Reimúndez Suárez, concelleira de Benestar Social e Igualdade de Sada
• Ignacio Iglesias Villar, concelleiro de Benestar, Igualdade, Mocidade e Participación Veciñal de Teo
• Laureano Alonso Álvarez, concelleiro de Deportes, Servizos Sociais e Turismo de Tui
• María Isabel Poisa Rey, concelleira de Benestar Social e Igualdade de Allariz

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, das actas correspondentes, ás sesións ordinaria do 23 de febreiro (núm. 3) e á extraordinaria do 14 de outubro (núm. 16), do ano 2016.
2. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3. Solicitude de inicio de avaliación ambiental da modificación puntual do PXOM nas áreas de planeamento incorporado.
4. Ampliación de usos dotacionais autorizados na reserva de equipamento DOC-28 (Escola Unitaria de San Marcos).
5. Adhesión á Rede Estatal de Entidades Locais pola compostaxe doméstica e comunitaria.
6. Aprobación inicial da modificación do artigo 80.2 do Regulamento Orgánico Municipal do Pleno, para levar a cabo a confección das actas do pleno.
7. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a regularización e posta a disposición das prazas municipais no aparcadoiro subterráneo da Praza Marcial Villamor Varela, colindante coa rúa do Olvido.
8. Proposición do grupo municipal do BNG, para a creación dun programa integral de actividades extraescolares e de conciliación.
9. Proposición do grupo municipal Socialista, relativa ao desenvolvemento do vial de conexión co novo enlace da AP-9 e a Cidade da Cultura, entre a avenida de Manuel Fraga Iribarne e a rúa do Sandino.
10. Dar conta dos reparos efectuados pola intervención municipal ao primeiro semestre do exercicio de 2016.
11. Dar conta do informe de intervención xeral de execución orzamentaria correspondente ao terceiro trimestre do exercicio de 2016.
12. Dar conta de resolucións da alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
13. Declaración institucional en relación a compromiso de adopción de medidas propostas por Greenpeace para a redución da emisión de gases de efecto invernadoiro causadas pola mobilidade urbana.
14. Comparecencia da concelleira delegada de igualdade, desenvolvemento económico e turismo, acordada na sesión plenaria ordinaria do 20 de outubro de 2016.
15. Rogos e preguntas.
16. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, a Real Filharmonía de Galicia interpreta a banda sonora de ‘Metrópolis’ de Fritz Lang, coa proxección do filme. Dirixidos por Manuel Coves e dentro da programación de Cineuropa.

CINEUROPA
Toda a programación en www.cineuropa.gal

Compartir: