Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o sábado 12 de novembro

11.00 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de toma de posesión do presidente da Xunta.

11.00 a 13.00 h
No CIAC (Belvís), Día Internacional para a prevención da explotación ambiental. Dinámica na procura do desenvolvemento. En colaboración coa Asemblea de Cooperación pola Paz (ACPP)". Xogo de rol para traballar sobre a explotación ambiental e como podemos actuar as persoas para ter un menor impacto no medio, co obxectivo de despertar un pensamento crítico e pasar un anaco divertido. Dirixido a mozos e mozas de 13 a 18 anos. Teléfono 981 543 145 ou ciac@santiagodecompostela.gal.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto do Quintento Invento, con Álvaro Blanco como pianista invitado, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

CINEUROPA

Toda a programación en www.cineuropa.gal

I ENCONTRO INTERNACIONAL DE CADERNOS DE VIAXES COMPOSTELA ILUSTRADA

www.compostelailustrada.com

De 9:45 a 12:30 h Acompaña a…
Catel Muller Lugares singulares
Inma Serrano Santiago e os santiagueses
Jorge González Compostela verde: parques e ríos
Miguelanxo Prado Santiago dende as alturas
Sagar Fornies Arquitectura contemporánea na cidade

13:00 h Presentación da exposición Portugal Ilustrado na Galería Sargadelos. Presenta a comisaria da mostra, Ines Silva, de ilustopia.

De 15:45 a 16:45 h Clase Maxistral con Jorge González. CGAC

De 17:00 a 17:45 h Clase Maxistral con Inma Serrano. CGAC

18:30 h Coñecendo a…Fermín Solís. Presentación e sinatura de libros na Libraría Cronopios. Presenta: Gemma Sesar

19:30 h Coñecendo a…Ana Luisa Frazao. Galería Sargadelos. Presentación do libro Uma semana na cozinha / Una semana en la cocina. Presenta: Clara Marta

21:00 h Noite Gastronómica con Clara Marta nos locais da Zona Vella santiaguesa. Esta actividade faise en colaboración con Santiago (é) tapas.

Compartir: