Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 10 de novembro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

10.50 h
No IES de Sar, os gañadores do IX Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi, imparten unha sesión formativa arredor do libro illustrado ao alumnado de Bacharelato Artístico.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a actividade "12 doces de outono".

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural e Equilibrio Territorial, Rafael Peña, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
Na Fundación Torrente Ballester, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura o I Encontro Internacional de Cadernos de Viaxes Compostela Ilustrada. Tamén estará a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, o ilustrador Miguelanxo Prado, e a concelleira de Turismo, Marta Lois.

19.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, preside o acto de entrega do IX Premio Internacional Compostela para Álbums Ilustrados, convocado polo Departamento de Educación do Concello de Santiago e por Kalandraka Editora, que se lle outorga á obra titulada Unha última carta dos autores Antonis Papatheodoulou e Iris Samartzi.

CINEUROPA
Toda a programación en cineuropa.gal

Compartir: