Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 9 de agosto

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía, Facenda e Administración, María Rozas, sobre asuntos da súa área.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia baixo a dirección de Maximino Zulamalave, no marco do Curso Universitario Internacional Música en Compostela. Con obras de A. García Abril e E. Halffter. Entrada de balde ate completar aforo.

VIVE O VERÁN
10.30 h No parque de Belvís, Obradoiro Botánico.
13.00 h En Bonaval (estatua de Chillida), Obradoiro de Circo. Para maiores de 4 anos. Inscricións no teléfono 981 528 744 en horario de mañá. En caso de choiva farase no Centro da Almáciga. 30 prazas.
20.00 h No parque de Belvís, a compañía asturiana Vaques presenta o espectáculo Ye orbayu (circo, clown, malabares). Acceso libre.

FEITO A MAN
13.30 h Na rúa Nova, concerto de Pablo Sanmamed Trío (jazz). Acceso libre.
20.00 h Na praza de Abastos (Santo Agostiño), concerto da Chocolate Band (rock´n´roll, swing). Acceso libre.
22.00 h Na praza de Mazarelos, concerto de Mojo Experience (soul, blues, rock) e Zapa! (rock). Acceso libre.

Compartir: