Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 7 de agosto

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Teresa Gutiérrez sobre asuntos carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na travesa de Fonseca (a carón de Correos), o concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, Jorge Duarte, mantén un encontro cos medios de comunicación.

20.00 h
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, recital de piano a catro mans con Ángel Huidobro Vega e Juan Manuel Consuegra, no marco do Curso Universitario Internacional Música en Compostela. Entrada de balde.

VIVE O VERÁN
19.00 h Na praza da Quintana, a compañía Cirk About It representa El apartamento. Entrada de balde.

FEITO A MAN
20.00 h Na praza de Feixóo, concerto de Kamankola (Cuba; músicas cubanas, rap, fusión). Entrada de balde.
21.15 h Na praza da Quintana, concerto de Trifasic (rock´n´roll, pop). Entrada de balde.
22.30 h En Tras Salomé, concerto de Fritanga (free jazz). Entrada de balde.

Compartir: