Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 31 de agosto

11.00 h
Na Alameda, a concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, presenta a nova sinalización das colonias felinas. Punto de encontro: ao carón da escola infantil de Santa Susana.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

22.00 h
Na praza da Quintana, segunda sesión das Noites Curtas, dentro da programación do festival Curtocircuíto 2017. Proxectaranse as seguintes curtas: Nistra – Mastharam, de Adrián Canoura; Over, de Jörn Threlfall; A brief story of Princess X, de Gabriel Abrantes; Decorado, de Alberto Vázquez; La disco resplandece, de Chema García Ibarra; Metube2, de Daniel Moshel; e Guerrera – Verdad Invertida, de Adrián Canoura. De balde.

VIVE O VERÁN
18.30 h No paseo da Ferradura (Alameda), Monicreques en Ruta. con Valle-Inclán por Santiago. Especialmente recomendada a familias con nenos e nenas de máis de 5 anos De balde.
19.00 h No parque de Bonaval, representación de Rosa Caramelo, de Talía Teatro. Para rapazas e rapaces de 4-8 anos. De balde. Entradas en Ataquilla.com e nos locais de A.C. Cidade Vella.

Compartir: