Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 29 de agosto

11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, recibe os/as peregrinos/as que percorreron o Camiño de Santiago no marco do proxecto Camino de la memoria. Na recepción tamén participarán representantes de FEGAL e AGADEA.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Mantemento e Obras para o Equilibrio Territorial, Rafael Peña, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

VIVE O VERÁN
18.30 h No Paseo da Ferradura (Alameda). Monicreques en Ruta. con Valle-Inclán por Santiago. Especialmente recomendada a familias con nenos e nenas de máis de 5 anos. De balde.
19.00 h Na praza de San Martiño, Sarabela Teatro representa O secuestro da bibliotecaria. De 5 a 12 anos. De balde.

FEITO A MAN
21.00 h En San Paio de Antealtares, concerto de Vatapá (swing, bossa, blues). De balde.
22.30 h En Virxe da Cerca (Momo). Concerto de Noe Black & The Bang Band (rock´n´roll). De balde.

Compartir: