Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 24 de agosto

11.00 h
Na rúa da Senra (cruce con Xoán Carlos I), o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presenta o novo modelo de sinalización horizontal que se está a colocar en varias rúas da cidade co obxectivo de crear carrís de avance para ciclistas e fomentar así o uso da bicicleta.

22.00 h
Na praza das Praterías, Noites Curtas 2017. Proxección dunha selección de curtametraxes e videoclips realizada para a ocasión polo equipo da 14ª edición de Curtocircuíto. Acceso libre e de balde.

FEITO A MAN
13.30 h Na praza de Cervantes, concerto de Brua (música tradicional). De balde.
21.00 h Na praza de San Paio de Antealtares, concerto da banda irlandesa Mongrel State (rock sureño, folk-rock). De balde.
22.30 h En Tras San Fiz de Solovio, concerto dos Boyanca Kostova (trap, electrónica, rap). De balde.

VIVE O VERÁN
19:00 h No parque de Bonaval, cita cos monicreques de Viravolta e o seu espectáculo Barriga verde. De balde.

Compartir: