Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 14 de agosto

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda, Mobilidade e Relacións Veciñais, Jorge Duarte, sobre asuntos da súa área.

18.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a alcaldesa en funcións, María Rozas, participa na reunión do Consello Directivo do Curso Universitario e Internacional Música en Compostela.

FEITO A MAN
20.00 h Na praza dos Gatos, concerto de Os d’Abaixo (música tradicional). Acceso libre.
22.00 h En San Paio de Antealtares, concerto de Noe González & Grüvzilla (soul, funk) Acceso libre.

Compartir: