Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 11 de agosto

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular María Antón sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa en funcións, María Rozas, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e da deputada autonómica Noela Blanco sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Nas escaleiras da praza das Praterías, o segundo tenente de alcalde, Jorge Duarte, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación do espectáculo Camiñar sen fin. Concerto para Narf, dentro da programación do Feito a Man. Tamén participan Ánxeles Porto, da A. C. Cidade Vella; Quico Cadaval, co-director artístico do espectáculo; Pepe Sendón, co-director artístico do espectáculo; e Goretti Sanmartín, vicepresidenta da Deputación da Coruña. Haberá unha pequena actuación musical de Marcos Teira e Pepe Sendón ao remate do acto.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Maximino Zumalave e con Ángel Luis Quintana como violonchelo solista, no marco do Curso Universitario Internacional Música en Compostela. Obras de J. Rodrigo, L. Boccherini, X. Montsalvatge e M. de Falla. Entrada de balde ate completar aforo.

FEITO A MAN
13.30 h Na Fonte de San Miguel, Sesión Vermú con cata-taller de vermús e barra de vermús e aperitivos. Con sesión DJ. Acceso libre.
19.00 h En Bonaval (Zona C), Romaría Cumbieira. Gastro-zona "comidas do mundo" e obradoiros infantís dende as 19:00 h. Dende as 21:30 ata as 01.00 h, Sprocket Dj (rock zulú, caribbean, afrodisco) e DJ Najle (Colombia: champeta, cumbia, afrocolombian, afrolatino). Acceso libre.
20.00 h En Tras San Fiz de Solovio, concerto da banda de pop/rock/punk La Plata. Acceso libre.

Compartir: