Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 10 de agosto

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros Rafael Peña e María Rozas para presentar as obras que se executarán con cargo aos remanentes de 2016.

11.45 h
Na praza 8 de Marzo, a alcaldesa en funcións, María Rozas, visita o Territorio Xogantín.

13.30 h
No Salón Nobre, a alcaldesa en funcións, María Rozas, recibe os participantes no LX Curso Universitario Internacional Música en Compostela.

VIVE O VERÁN
13.00 h En Bonaval (estatua de Chillida), Obradoiro de Circo. Para maiores de 4 anos. Inscricións no teléfono 981 528 744 en horario de mañá. En caso de choiva farase no Centro da Almáciga. 30 prazas.
19.30 h No parque de Bonaval, a compañía de teatro Elefante Elegante representa o espectáculo Lobo bobo. Para nenas e nenos de entre 3 e 8 anos. Acceso libre.

FEITO A MAN
13.30 h Na rúa do Vilar, concerto de Alô Django Trío (gypsy jazz, swing). Acceso libre.
20.00 h Na praza dos Gatos, concerto de García Mc & Nación Quilombo (rap). Acceso libre.
22.00 h Na praza de San Martiño, concerto de Som do Galpóm (rap, reggae, funk) e Brinkadelia (ska, reggae, mestizaxe). Acceso libre.

Compartir: