Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o luns 5 de xuño

10.30 h
No Salón de Plenos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no pleno infantil co alumnado do Colexio Compañía de María.

10.30 h
No Auditorio de Galicia, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asiste á I Gala pola seguridade viaría. Ás 11.30 h, o alcalde de Santiago, Martiño Noreiga, preside o acto de entrega de premios.

11.00 h
Na praza do Obradoiro, os concelleiros do grupo municipal do BNG, Rubén Cela e Goretti Sanmartín Rei, con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, participan nun acto simbólico sobre o vertedoiro de Grixoa.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, para presentar as accións de promoción de Economía Social para o 2017 dentro do programa "Compostela Móvese".

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción a un grupo de persoas internas na prisión de Segovia que realizan o Camiño de Santiago,

19.00 h
No CSC da Trisca, charla sobre a exposición fotográfica "Destino incerto" dentro das actividades do programa "Compostela + Solidaria".

19.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción a estudantes de Medicina norteamericanos de intercambio no CHUS.

Compartir: