Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 16 de xuño

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, para presentar o programa das festas de San Xoán. Na rolda tamén estará a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil.

11.00 h
Na praza Roxa, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, visita a Feira Solidaria, que pon fin ás actividades de Compostela + Solidaria. Ao longo do día haberá actividades e postos de venta de produtos de comercio xusto e puntos de información.

11.30 h
No Auditorio do CERSIA, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, preside a xuntanza político-técnica da campaña "En negro contra a violencia", reunión na que participan máis de 50 concellos.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de Goberno Local.

13.45 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a recepción á Asociación Compostelá de Diabetes, con motivo da peregrinación "Súmate ao reto, camiña pola diabetes". Ao remate, solta de globos na praza do Obradoiro.

19.00 h
No Auditorio de ABANCA (Rúa do Preguntoiro, 3), festival de fin de curso da Escola Municipal de Música.

20.00 h
Na Praza da Quintana, a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste a inauguración do Obradoiro de Forxa.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto de fin de curso dos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) Azucena Miras Ríos, Joana Tavares de Melo e Sara Fernández Precedo, no ciclo A Escola na Cidade. Entrada libre ata completar o aforo.

Compartir: