Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 15 de xuño

10.15 h
Na Carreira do Conde, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e a concelleira de Benestar Animal, Noa Morales, presentan unha campaña de concienciación ambiental sobre a recollida de excrementos de animais.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Concha Fernández para presentar o ciclo de actuacións musicais organizado pola Concellería de Acción Cultural e a SGAE. Na rolda estará Belén Yáñez, coordinadora de socios da SGAE.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Mocidade, Noa Morales, para presentar a inciativa dos Orzamentos Participativos "Elas tamén pintan". Na rolda estarán Clara Rodríguez, Diana Rodeiro "Nana", Lara Torres e Eva Agra, de 7H Cooperativa Cultural, entidade responsable da proposta.

12.00 h
No Hotel NH Collection, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, presenta TerraZeando 2017. Na rolda tamén estará Álvaro Álvarez Rivera, secretario de Desconcierto Cultural.

13.00 h
No Colexio Maior San Agustín, a concelleira de Políticas Sociais, Diversidades e Saúde, Concha Fernández, asiste á clausura do curso para maiores "Aulas Terceira Idade".

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta correspondente á sesión extraordinaria do día 28 de decembro de 2016 (núm. 22).
2. Toma posesión do cargo de concelleiro de Don Antón Barba Pereira (PSdeG-PSOE).
3. Aprobación inicial da modificación do Regulamento Orgánico Municipal do Pleno.
4. Aprobación inicial da modificación do Regulamento do Consello Municipal de Saúde.
5. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para o acondicionamento, mellora e promoción das áreas fluviais de Chaián e Barciela.
6. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, para realizar unha diagnose, plan de reparacións e mantemento dos muros e beirarrúas de Fontiñas.
7. Proposición do grupo municipal do Partido Popular, sobre a colaboración co cumprimento das decisións xudiciais, o recoñecemento do papel das forzas de seguridade do Estado e a defensa e protección da propiedade privada.
8. Proposición do grupo municipal do BNG, para controlar a actividade asociada ao vertedoiro de Grixoa, que recibe residuos de fóra de Santiago de Compostela.
9. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, en defensa da especialización dun xulgado en Santiago para atender os litixios das "cláusulas solo".
10. Dar conta do informe anual correspondente ao 2016, de queixas e suxestións.
11. Dar conta de resolución de alcaldía e acordo da Xunta de Goberno Local.
12. Dar conta de resolucións da alcaldía e das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
13. Comparecencia da concelleira delegada de emprego, acordada na sesión plenaria ordinaria de 18 de maio de 2017.
14. Rogos e preguntas.
15. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

20.00 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal dedicado á música galega. Coa participación dos gaiteiros Pablo Dalama e Xesús Rodríguez.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade, concerto de fin de curso dos alumnos do Curso Avanzado de Especialización Orquestral (CAEO) Irene Vilanova Domínguez, Álvaro Jurado García e Paloma Diago Busto, acompañados ao piano por Simona Velikova no ciclo A Escola na Cidade, Entrada libre ata completar o aforo.

Compartir: