Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 28 de decembro

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, para facer valoración do ano 2017.

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
A concelleira de Mercados, Noa Morales, visita o mercado de Salgueiriños con motivo da celebración da actividade municipal Efecto Proximidade.

18.30 h
No Teatro Principal, Gala Festiclown. Pallas@s en rebeldía. Isabel Risco conduce este evento solidario no que interveñen Píscore (música e clown), Circo Chosco (circo), Dani García (maxia), Raquel Veganzones (circo), Jano Costas (clown), Paco Nogueiras (música) e Uxía (música). Entradas a 5 euros.

21.00 h
Na Catedral de Santiago, Concerto de Nadal da Banda Municipal de Música de Santiago e a Escolanía da Catedral. Casiano Mouriño dirixe á Banda e José Luis Vázquez López a Escolanía nun programa con cantigas tradicionais de Nadal e obras de O. Nicolai, J. Rutter, T. Hoshide, A. v. Tonder, A. Rodríguez, J. Papoulis, e B. Appermont. Entrada libre ata completar aforo.

Compartir: