Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 22 de decembro

11.00 h
Na Casa do Cabido, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición "Parafernalia", unha retrospectiva da obra do escultor César Lombera. Tamén estará o escultor, a xerenta do Consorcio, Belén Hernández, e o responsable de Exposicións, Juan Conde.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

20.30 h
No Teatro Principal, "Nacidas libres", espectáculo de Contraproducións sobre un texto de Cándido Pazó, coa dirección de Cristina Domínguez e as actrices Rocío González, Casilda Alfaro, Mónica Camaño e Susana Dans. Entrada a 10 euros con descontos do 50% para diferentes colectivos

20.30 h
No Auditorio de Galicia, Daniel Reuss conduce o último concerto da RFG en 2017 co programa, "O Mesías participativo de Haendel", no que interveñen a Capella Amsterdam e diversos coros non profesionais. O concerto conta co apoio de Obra Social La Caixa. Entrada a 18 euros con descontos do 50% para diferentes colectivos.

Compartir: