Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o mércores 20 de decembro

10.00 h
Na cafetería Airas Nunes, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e concelleiros e concelleiras do grupo municipal de Compostela Aberta manterán un almorzo informativo cos medios de comunicación.

10.45 h
No IES Rosalía de Castro, o concelleiro de Educación e Ciddanía, Manuel Dios, asiste á representación teatral do espectáculo "O Vello dos Contos volta a Compostela", unha adaptación sobre textos orixinais de Xosé Mosquera Pérez.
Declaracións antes do inicio da representación do concelleiro Manuel Dios, do secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, e o director do IES Rosalía de Castro, Ubaldo Rueda. Ás 12.00 h realizan unha ofrenda floral nos Xardíns de Mosquera Pérez, en Pelamios.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deporte, Noa Morales, para presentar a San Silvestre. Na rolda estará Iván Sanmartín, delegado en Santiago da Federación Galega de Atletismo, e Amador Pena, gañador do CorreSan 2017.

12.00 h
Na Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de presentación da nova estación intermodal de Santiago.

20.00 h
Na Casa do Concello, recepción cidadá de Nadal.

20.00 h
Na Asociación de Empresarios do Polígono do Tambre, a concelleira Marta Lois asiste ao acto de homenaxe ás empresas que cumpren 25 anos.

20.30 h
No Teatro Principal, A noite de Chané. Alba María conduce a presentación do libro "Chané. O nacemento da Música Popular Galega", de Sixto Gómez e Alberto Cancela, do videoclip ‘Chané na Habana’ de Marcos Nine, e do disco Chané na Habana, coas actuacións especiais de Rosa Cedrón e Alejandro Vargas. Entrada libre ata completar aforo.

Compartir: