Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o venres 15 de decembro

10.00 h
No CEIP Raíña Fabiola, a concelleira de Mocidade, Noa Morales, visita as aulas de educación canina, dentro das actividades dos Orzamentos Participativos.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar a programación do 170 aniversario da Banda Municipal de Música. Na rolda tamén participará o director da Banda, Casiano Mouriño.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside o acto de entrega de premios do IV Festival Internacional de Cine Rural de Galicia Carlos Velo.

19.30 h
No CSCX do Ensanche, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e os concelleiros e concelleiras do goberno municipal participan no noveno Encontro ao Vivo. Neste caso coa veciñanza da zona do Ensanche.

20.30 h
No Teatro Principal, espectáculo "Dous mundos que se tocan". Tres artistas guineanos, descobren a través das cancións, o baile e a percusión, a historia de Manoliño Nguema, pai do teatro de Guinea Ecuatorial formado no Circo dos Muchachos de Bemposta (Ourense). Entrada: 10 euros que se doarán para a realización do documental sobre Nguema.

CultRural
10:30 h Centro de Formación e Cultura Gastronómica de Hostelería Compostela
Obradoiro culinario sobre a cabra e o grelo de Santiago, con Xan Galbán. Obradoiro aberto ao público e aos profesionais previa inscrición.

13.00 h Salón Nobre do Pazo de Raxoi
Gala de entrega de premios do IV FICRural.
Proxección de Fronteiras de enerxía animal.

19.00 h A Taberna da Chorima
I Xornada da Cabra de Compostela cultRural.
Presentación do libro de cultRural "Cooperar para emprender, experiencias de coworking rural", de César Llorente, e presentación das xornadas con degustación de produto.

Compartir: