Previsións informativas para o martes 18 de outubro
11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o coronel Manuel Luis Arjonilla Ortega, comandandante militar da Coruña.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.
12.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o xeneral xefe da Garda Civil de Galicia, Faustino Álvarez Sola.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar as III Xornadas Internacionais de Coaching de Santiago, acompañada dun dos seus organizadores, Daniel Álvarez, e de Guillermo Viña, do IGAPE.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos de carácter local.
13.30 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe un grupo de vinte estudantes eslovenos gañadores dun concurso internacional sobre o Camiño de Santiago dentro do progama COMENIUS.
20.00 h
No Pazo de Fonseca, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto inaugural do 56 Congreso Nacional de Farmacotecnia "Un camiño de ida e volta".
20.15 h
No Centro Sociocultural da Rocha, exposición "A primeira liña do Ferrocarril en Galicia: Cornes-Carril". Do 18 ao 31 de outubro.
20.30 h
No CSC das Fontiñas, Proxección de 'Premios Goya 2011' dentro de +Curtocircuíto.