Previsións informativas para o martes 28 de xullo
11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Padroado da Fundación do Refuxio de Animais.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Circulación Viaria e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano; e de Transportes e Mobilidade, Carlos Nieves, sobre asuntos das súas áreas.
12.00 h
Na Casa do Concello, o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, entrega os diplomas dos cursos FIP 2008 e dos cursos do Plan de Formación 2009 destinados a persoas desempregadas e traballadores do sector da construción.
12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
19.00 h
En Figueiras, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita a Aula de Coñecemento do Medio Rural da Portela con motivo do inicio das actividades no centro.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 18.40 h. da Praza do Obradoiro.
20.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños de Figueiras.
Vive o Verán
10.00h. No parque de Bonaval, Tai Chi para todos os públicos.
11.00h. Roteiro Vía Verde Verdía e polos ríos Tambre e Sionlla.
Martes, 28
23.00 h. COMPOSTELA FESTIVAL
SARA BARAS presenta: JUANA V CENTENARIO, JUANA LA LOCA
Prezos: Cadeira, 20 euros. De pé 15 euros
Praza da Quintana
23.00 h. Apertura da carpacabaré
Compañía Femme Fatale: Ronda poética/Batallón literario
Carpa da Alameda
00.0 h. Espectáculo CASEI CUN VAMPIRO
a cargo da compañía Familia Crowley
Carpa da Alameda
0.30 h. Música ao vivo a cargo da orquestra DESVARIETÉS e o seu espectáculo COSMOPOLITAN CABARETS
Carpa da Alameda
23.30 h. Música no Toural
LA BANDA DEL YOFI (Cuba)