Previsións informativas para o martes 23 de xuño
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal popular Amelia González, sobre asuntos de carácter local.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, para presentar as axudas destinadas a actividades de promoción e dinamización comercial.
12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Socorro García Conde, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
13.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA de Talía Teatro para presentar Palabras Encadeadas de Jordi Galcerán que representarán o xoves e o venres. Na rolda estará Artur Trillo, director da obra.
20.00 h
No Teatro Principal, concerto Fin de Curso da Escola Municipal de Música dedicado á gastronomía.
20.00 h.
Na Casa do Concello, recepción aos participantes en IWINAC 2009 (International Work-Conference on the Interplay between Natural and Artificial Computacion).
17.00 h
No CSC de Conxo, Taller de Herbas de San Xoán.
19.00 h
No CSC de Conxo, Títeres Cachirulo presenta O Libro da Selva dentro de Letras Vivas Animación.