Previsións informativas para o mércores 17 de setembro
9.00 h
No Hotel Hesperia Finisterre (A Coruña), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao almorzo informativo organizado por Fórum Europa no que participa como ponente Carlos Negreira.
11.30 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, reúenese coa conselleira de Traballo e Benestar, Beatriz Mato. Declaracións ao remate.
12.30 h
Na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar a participación de Área Santiago en Compostela Gastronómica.
17.30 h
No Hostal dos Reis Católicos (Capela Real), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na cerimonia de apertura do I Congreso Internacional sobre Peregrinacións e Turismo da OMT, dentro dos actos conmemorativos do VIII centenario da peregrenación de San Francisco de Asís a Compostela (1214-2014)
19.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á inauguración da exposición sobre o 75 aniversario da Axencia EFE.
21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Germán Díaz que presenta o seu novo disco 'Método cardiofónico' dentro do ciclo Sons'Jazz 2014.