Previsións informativas para o luns 12 de setembro
11.15 h.
O concelleiro de Educación, Ángel Currás, visita varios centros escolares con motivo do inicio do curso. Seguirá o seguinte itinerario:
11.15 h. CEIP Ramón Cabanillas
12.15 h. CEIP Pío XII
13.15 h. CEIP Monte dos Postes
12.00 h
No Colexio de Fonseca, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao acto de apertura do curso académico universitario 2011/12.
12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe o presidente da rede Caminos de Europa, Alessandro Cardinali.
20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe a directiva do Victoria F.C., con motivo do 75 aniversario do club.