Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).
Previsións informativas para o xoves 16 de xuño
10.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza do padroado da Fundación Compostela Deporte.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación en funcións, Mercedes Rosón, para presentar o Día Europeo da Música.
12.00 h
Na sede da Fundación Granell, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á xuntanza do padroado da devandita Fundación.
19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde en funcións, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe os membros da Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de aluguer de grúas de servizo público.
19.30 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.