Previsións informativas para o mércores 7 de xullo
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o balance da terceira edición de SANTIAGO(é)TAPAS 2010, e o libro de receitas do concurso, editado por Turismo de Santiago e Baía Edicións. Na rolda tamén estará o responsable comercial da editorial, Xoán Miguel Pazos Castelo.
12.30 h
Na praza Aurelio Aguirre de Conxo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a Árbore Urbana promovida por ASA (Asociación Sostenibilidad y Arquitectura).
13.00 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Xosé Baqueiro, para presentar o programa das FESTAS DO APÓSTOLO 2010.
19.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a exposición "As cidades patrimonio de España".
VIVE O VERÁN
10.00h. No Parque de Bonaval, Tai Chi e Chi Kung
20.00h. No Parque de Bonaval, Obradoiros Creativos: Percusión dentro de Tardearte.
22.30h. Na Praza de San Martiño Pinario, presentación de Cine: Os Clásicos á Rúa, coa actuación da Banda Municipal de Rianxo cun repertorio de Música de Cinema