Previsións informativas para o luns 27 de xullo
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da voceira do grupo municipal socialista, Marta Álvarez-Santullano.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presenta o Estatístico 2009. Esta publicación anual recolle datos e gráficos que reflicten a situación de Compostela a nivel económico, social e cultural.
13.00 h
Na sede do Consorcio, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, para presentación o programa "Ter é manter". Plan de mantemento das edificacións da Cidade Histórica de Santiago de Compostela. Asiste a concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira.
17.30 h
Na Casa do Concello, Comisión Asesora do Casco Histórico.
Vive o Verán
10.00h. No Parque Finca Vista Alegre, Tai Chi para todos os públicos.