Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 6 de xullo

De 10 a 14 e de 16 a 20 h
Na Sala de Exposicións do Auditorio de Galicia, ‘VOLTA’, CoLab con Mateo Mena e Xiselr, dentro de Colapsoloxías.

11.15 h
Na sala circular do Auditorio de Galicia, O Eixo Atlántico presenta o Mapa de infraestruturas ferroviarias de Galicia, que recolle a totalidade das actuacións, e o seu custo estimado, necesarias para a adecuación e normalización da rede ferroviaria galega do século XXI. Asisten:
Xosé Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago
Lara Méndez, vicepresidenta do Eixo Atlántico e alcaldesa de Lugo
Xoan Vázquez Mao, secretario xeral do Eixo Atlántico
Previamente (10.00 h), no mesmo lugar, xuntanza con representantes sociais e empresariais de Galicia para presentarlles o informe.

12.30 h
No Albergue de Peregrinos Residencia San Lázaro, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á presentación da campaña Camiño da Reciclaxe, de Ecoembes e a Xunta de Galicia.

16.00 h
No Salón Verde, o concelleiro de Centros Socioculturais, Javier Fernández, participa na xuntanza da organización supramunicipal Kaleidos.

20.00 h
Con saída da Zona C. Punto de Información Cultural (Praza de Cervantes), ‘Aves da paisaxe sonora urbana’, roteiro con Nacho Munilla dentro de Colapsoloxías.

Compartir: