Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o xoves 27 de maio

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar "Conversas abertas. Estudo cualitativo das produtoras audiovisuais independentes galegas", elaborado por AGAPI (Asociación Galega de Produtoras Independentes). Na rolda estará a súa xerente, Uxía Caride, e Nati Juncal, de Cósmica Producións.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
No Salón Vermello, presentación do dispositivo de seguridade da Garda Civil para o Ano Santo por parte da directora xeral da Garda Civil, María Gámez. Asisten o alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo; o delegado do Goberno en Galicia, José Miñones; e o director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva.
A continuación, foto na praza do Obradoiro, onde estarán as Oficinas Móbiles de Atención ao Peregrino (OMAP’s).
NOTA: acto presencial. Non se retransmitirá vía streaming.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Compostela Aberta, Xan Duro, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

13.00 h (aprox.)
Na praza do Obradoiro, recepción ao deportista afeccionado Sergio Chinchilla, que chega ao Obradoiro despois de percorrer o Camiño de Santiago desde Roncesvalles durante 17 días correndo un maratón diario (entre 40 e 50 km por día).

20.30 h
No Teatro Principal, Condetrespés presenta ‘Melancoholemia’ de Antón Reixa, dentro de ‘Viva a escena!’, a programación de Artes Escénicas de Compostela Cultura.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, ’Natureza, Vida e Amor’, concerto peche da temporada de Abono Real Filharmonía de Galicia-Auditorio de Galicia. Dirixido por Paul Daniel e con Pacho Flores, trompeta.

Compartir: