Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 29 de xuño

9.00 h
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á xuntanza telemática do Padroado da Cidade da Cultura.

10.00 h
Na avenida de Antonio Raimundo Ibáñez (no Campus Sur, xunto ao estanque), a concelleira de Urbanismo, Mercedes Rosón; o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte; e o reitor da USC, Antonio López; asisten ao inicio da primeira fase de substitución de bancos no Campus Sur.

10.30 h
No Pío XII, o concelleiro de Educación, Rubén Prol, inaugura o programa Summer English School.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, e da xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, para presentar a nova actualización da DispoApp, para a consulta de dispoñibilidade de prazas no mesmo día.
NOTA: retransmitirase vía streaming a través da páxina web municipal.

19.30 h
No Auditorio de Afundación (praza de Cervantes), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, inaugura a xornada "Santiago, fin dun camiño resistente á pandemia", organizado pola Asociación de Periodistas de Galicia.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Cello&Electronics’, con Margarita Mariño, violonchelo, e Laura Iturralde, deseñadora de iluminación e escenografía, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: