Aquí puede consultar diariamente las previsións informativas de la Corporación Municipal (comparecencias, ruedas de prensa...).

Previsións informativas para o martes 26 de outubro

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar as Bases de participación na selección de proxectos de intervencións artísticas para a Zona C 2021-22.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Alejandro Sánchez-Brunete, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Hostalería Nocturna.

11.00 h
Con saída do parque da Alameda (onde a estatua das Marías), a concelleira de Políticas Sociais, Mila Castro, participa na andaina organizada pola Asociación SARELA ata a Praza do Obradoiro con motivo do Día do Dano Cerebral. Ás 12.00 h, na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago e outros membros da Corporación participan na lectura do manifesto.

12.30 h
No Pazo de San Roque, a concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, asiste á presentación da Gala aRimar, que se celebrará no Auditorio de Galicia o mércores 27.

13.30 h
No Centro Obra Social ABANCA (Cervantes), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participa na clausura do Diálogo sobre o futuro do envellecemento.

19.30 h
No CGAC, presentación do libro "Compostela no cinema. Apuntamentos da cidade no século XXI". Asisten:
- Xosé A. Sánchez Bugallo, alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da cidade
- Anxo Lorenzo, secretario xeral de Cultura
- Yolanda López, historiadora, autora da publicación
- Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago
- Belén Fortes, da Editorial Guiverny
- Santiago Olmo, director do CGAC

21.00 h
No Teatro Principal, Semana de Cine Euroárabe AMAL 2021. Toda a información en festivalamal.com

Compartir: